Videoteca
Todos os vídeos de KALANDRAKA TV, nun repositorio ordenado cronoloxicamente.
Outras seccións
Onde habitan os libros
Puntos cardinais
Libros para soñar
Vídeos musicais
Mención Especial a “SELVA” – XI Premios Kirico
“Selva”, de Marina Gibert, obra gañadora do XIV Premio Compostela, vén de ser distinguida cunha Mención Especial nos XI Premios Kirico. Unha aventura visual chea de imaxinación e sorpresas, repleta de colorido e exuberante vexetación.
Chuvisca
“Momú, mimé, mumí, memó, estemos empopedos e non sobemos que focer!” “Chuvisca” é o novo libro de Fernando Pérez Hernando, unha divertida historia protagonizada por unha familia de aves, na que as vogais convértense nun recurso para crear un enxeñoso xogo fónico.
A escada vermella
O paxaro usábaa para subir aos tellados, ás árbores, ás nubes pero, necesitábaa? Volve, cun novo formato, “A escada vermella”, un divertido álbum de Fernando Pérez Hernando que nos anima a ter máis autoconfianza e a valorar a amizade.
Feliz 2022
Despedímonos de 2021 entre #LibrosParaSoñar: os premios Compostela e Orihuela, os novos Do berce á lúa, os clásicos, os álbums de creación... e cun horizonte cheo de grandes historias. Vémonos nas librarías!
¡A que sí!
Ditos, adiviñas, cancións, poemas visuais, xogos de palabras… o divertido e enxeñoso mundo creativo de Miquel Desclot ilustrado por Christian Inaraja, en “¡A que sí!”, un libro para soñar e imaxinar, xogar e rir, cantar e observar.