Videoteca
Todos os vídeos de KALANDRAKA TV, nun repositorio ordenado cronoloxicamente.
Outras seccións
Onde habitan os libros
Puntos cardinais
Libros para soñar
Vídeos musicais
Terra de ninguén
Imprescindible, valente e comprometido cos excluídos da sociedade, “Terra de ninguén”, con texto de María José Floriano e ilustracións de Federico Delicado, é un álbum que nos amosa unha realidade invisibilizada a través da mirada doce e creativa da infancia
Fab, o monstro amarelo
“Fab, o monstro amarelo” é un clásico divertido de Carme Solé Vendrell protagonizado por unha simpática criatura que esquece as súas preocupacións para axudar os demais. Unha homenaxe ao ilustrador David McKee e a algúns dos seus personaxes máis queridos.
CEIP As Covas – Meaño
Visitamos o CEIP As Covas-Meaño para facer entrega do Premio Kalandraka TV-Experiencias Lectoras e descubrir a importante función que desempeña a súa biblioteca. Grazas polo voso gran traballo a prol da animación á lectura!
O comedor da avoa
Con texto de Pilar Hurtado e ilustracións de Luisa Rivera, “O comedor da avoa” invítanos a sentar arredor da mesa para facer unha viaxe gastronómica polo mundo a través dos aromas, sabores e pratos representativos de varios países.