Sen fronteiras
Noticias, reportaxes, entrevistas e outros contidos de procedencia internacional.
Outras seccións
Onde habitan os libros
Puntos cardinais
Libros para soñar
Vídeos musicais
Meet Leo Lionni
“Meet Leo Lionni” é unha reportaxe moi especial que presentamos, coa colaboración da compañía McGraw-Hill. Realizado en 1985, este documental dános a coñecer -dun xeito tenro e divertido- o autor de grandes clásicos da Literatura Infantil: “Pequeno Azul e Pequeno Amarelo”, “Frederick”, “Nadarín”…
Entrevista a Pietro Gottuso – Dende 1880
Pietro Gottuso, gañador do Premio Internacional Compostela de álbums ilustrados co seu álbum “Dende 1880”, foi entrevistado por Irene Greco, responsable da sección infantil da libraría Feltrinelli e creadora do proxecto de animación á lectura “Leggimiprima”. Na entrevista tamén intervén Lola Barceló directora de Kalandraka Italia.
Celebrating 30 years of Willy the Wimp with Anthony Browne
O escritor e ilustrador británico Anthony Browne é o creador do famoso chimpancé Willy, protagonista dunha serie de contos que leva xa máis de 30 anos divertindo os máis pequenos.
In the studio with Helen Oxenbury
A afamada autora e ilustradora británica Helen Oxenbury abre as portas do seu acolledor estudio, onde traballa rodeada de libros e bosquexos, recordos e obxectos da súa vida cotiá.
IBBY México
IBBY México / A Leer é unha entidad social que se dedica á promoción do libro e da lectura a todos os niveis da sociedade mexicana.