Videoteca
Todos os vídeos de KALANDRAKA TV, nun repositorio ordenado cronoloxicamente.
Outras seccións
Onde habitan os libros
Puntos cardinais
Libros para soñar
Vídeos musicais
O carnaval dos animais
Estamos preparando os nosos disfraces. Achégase o entroido e celebrámolo con “O carnaval dos animais”. Un texto de José Antonio Abad, ilustrado por João Vaz de Carvalho. Este libro musical preséntanos a coñecida composición de Camille Saint-Saëns
Paxaros – Booktrailer
Presentámosvos unha novidade que está chegando ás librarías: “Paxaros”, escrito por Natacha Ortega e ilustrado por Lucía Franco. Un poema musical onde nenas e nenos converten prazas e arboredas en espazos de xogo. Podedes acompañar a súa lectura con música, utilizando os enlaces QR que atoparedes no interior do libro. Con interpretacións musicais de Dragón Dorado, Paco Nogueiras e Dana Moya.
Premios Fundación CuatroGatos 2021
Los álbumes ilustrados "Mi Lazarilla, mi capitán" y "Mientras tú duermes" publicados por Kalandraka han recibido los Premios Fundación CuatroGatos 2021. Entre los distinguidos también figuran "Siete llaves para abrir los sueños" y "Arbolidades" Gracias por este reconocimiento tan especial.
Ocultos en el bosque – Mitsumasa Anno
Recentemente deixounos un dos principais artistas contemporáneos, o xaponés Mitsumasa Anno. Creou unha importante obra gráfica, entre a que destaca “Ocultos en el bosque”, que permanecía inédito en España. Nas súas páxinas escóndense multitude de animais, camuflados na natureza. A proposta do autor é un desafío a nosa agudeza visual, intelixencia e imaxinación. Así era a súa idea da arte; un legado que permanecerá vivo con este e outros clásicos que se irán recuperando.