Actualidade
Noticias, actividades, convocatorias profesionais e outros temas de interese.
Outras seccións
Onde habitan os libros
Puntos cardinais
Libros para soñar
Vídeos musicais
Chévere – Trinta e cinco anos de axitación cultural
Chévere cumpre 35 anos "de axitación cultural" sobre os escenarios cunha autobiografía dialogada chea de material gráfico que abrangue a súa traxectoria, distinguida co Premio Nacional de Teatro: reflexións e anécdotas nas que non falta o humor.
Entrega do XV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados – “Esperando o amencer”
Canta emoción no acto de entrega do XV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados á artista Fabiola Anchorena, celebrado no Concello de Santiago... A autora de “Esperando o amencer” tamén visitou o IES do Sar e o CIFP Compostela para compartir as claves deste libro co alumnado de Artes e de Educación Infantil.
FIC Bueu 2022
Coa celebración da Gala Escolas Galegas chegou á súa fin a décimo quinta edición do FIC Bueu, na que se realizaron diversas actividades arredor do cinema e se proxectaron máis dun cento de curtametraxes. Parabéns ás persoas premiadas!
Quen son? Crías de animais
Europa, África, América, Australia: a colección “Quen son? Crías de animais” segue medrando e desvelando -a través de sinxelas adiviñas- os segredos da fauna do planeta. O Tándem Seceda e a ilustradora Ester García son os artífices destes fermosos libros informativos.