Cantar e contar
Cantos e contos, melodías rimadas, rimas melódicas e historias para os máis cativos.
Outras seccións
Onde habitan os libros
Puntos cardinais
Libros para soñar
Vídeos musicais
Quen é ese becho?
De lunares, a raias, con cen pés… Pode que o teñas visto e que te preguntaras “Quen é ese becho?”. Por iso Carmen Queralt creou este libro cunhas divertidas ilustracións. Os ‘Contos Contados' volven recibir a Paco Nogueiras para contar e cantar esta historia coa melodía do seu acordeón… e para sorprendernos cun descubrimento!
A Cebra Camila
Desta vez non foi culpa da neve, nin do frío... O vento bandido levoulle as raias do seu vestido e por iso a Cebra Camila púxose moi triste. Os ‘Contos contados’ seguen animándonos e facéndonos compañía nestas xornadas de inverno. A nosa amiga Loli Blanco sabe como conseguir que a protagonista deste clásico de Marisa Núñez e Óscar Villán recupere o sorriso.
Chibos Chibóns
Grande, pequeno e mediano... Os CHIBOS CHIBÓNS deste relato tradicional adaptado -e narrado- por Olalla González e ilustrado por Federico Fernández cruzan unha ponte para saborear unha herba deliciosa na outra beira do río. Pero teñen que convencer a un ogro terrible para poder pasar. Descubre como neste ‘Conto contado’ cheo de enxeño e aventura.
O coelliño branco
Co temporal cubrindo tantos lugares con nenve, xeo e frío, os ‘Contos contados’ son o refuxio ideal para quedar na casa… e tomar un caldo ben rico! Como o que ía preparar O COELLIÑO BRANCO cando a cabra cabresa se meteu na súa casa e pechou a porta. Xosé Ballesteros recuperou este conto tradicional portugués ilustrado por Óscar Villán, que recibiu o Premio Nacional de Ilustración 1999 pola súa proposta gráfica.
Conto contado – Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis
Chegou a noite máis máxica do ano e con ela un #Contocontado moi especial: “Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis”. Narrado polo seu autor, Chema Heras, e ilustrado por Kiko da Silva. Boa noite e felices lecturas!!
Despois da chuvia
Comezamos a semana con un #ContoContado moi musical: “Despois da chuvia” de Miguel Cerro. Esta fábula moderna gañou o VIII Premio Compostela para Álbums Ilustrados. Abrigádevos moi ben e desfrutade da historia do pequeno raposo.
Aquiles o puntiño
Hoxe temos un Conto contado e pintado! Olalla González narra e Marc Taeger ilustra "Aquiles o puntiño" de Guia Risari. Animádevos a crear os vosos propios Aquiles!
Un becho estraño
"Mira que mira mirando, atopei un becho estraño, coa feitura dun ovo: gordo arriba, abaixo fraco. Que será?" Hoxe compartimos esta divertida historia sen fin, “Un becho estraño" de Mon Daporta e Óscar Villán. Felices Festas! e Felices Lecturas!
As tres princesas pálidas
Comezamos a semana cunha historia moi especial: “As tres princesas pálidas", escrita por María José Martín (Ajo) e ilustrada por Carole Hénaff. Felices Festas! E Felices Lecturas!
“Crocodrilo” e “Paxariña de papel”
Continuamos cos #ContosContados compartindo “Crocodrilo” e “Paxariña de papel” da colección “Do berce a lúa”, escritos por Antonio Rubio e ilustrados por Óscar Villán. Felices Festas! e Felices Lecturas!