Videoteca
Todos os vídeos de KALANDRAKA TV, nun repositorio ordenado cronoloxicamente.
Outras seccións
Onde habitan os libros
Puntos cardinais
Libros para soñar
Vídeos musicais
Flop e o lago
Cando Flop acompaña os seus irmáns ao lago, el prefire quedar na beira mentres eles nadan e xogan, convencido de que baixo a auga se agochan misterios inquietantes.
Labirinto
Labirinto é a historia dun pintor que, canso de empregar unicamente o negro e o gris, emprende unha viaxe cara a un territorio descoñecido, disposto a descifrar os seus segredos. Alí descubrirá un mundo repleto de novos aromas, texturas e tonalidades, pero non será ata o seu regreso cando se decate de que esa experiencia tamén fai mudar algo no seu interior.
Patas arriba
É un día tranquilo na sabana: os animais descansan, trotan, aliméntanse e refréscanse. De súpeto, a sabana retumba coa estrondosa chegada do elefante e todo se pon “Patas arriba”.
Soño dunha sombra | Sueño de una sombra | Dream of a shadow
Soño dunha sombra | Sueño de una sombra | Dream of a shadow é un álbum de Xosé Cobas sobre a luz e o tempo para os amantes da arte, cun brillante epílogo do escritor Manuel Rivas.
BIM BAM BUM
Bim Bam Bum, de Maria Girón, é o XVII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados. Unha obra fresca e vibrante que nos convida a gozar dunha divertida xornada de praia entre amigos, chea de ritmo, xogos e humor.