Atelier
Visita ao taller do artista, que presenta as súas obras e o seu proceso creativo.
Outras seccións
Onde habitan os libros
Puntos cardinais
Libros para soñar
Vídeos musicais
David Pintor
O ilustrador e humorista gráfico coruñés David Pintor ábrenos as portas do seu taller e fai un repaso pola súa traxectoria artística, na que destacan obras como a colección Cidades e as súas colaboracións co escritor Carlos López (Pinto & Chinto).
Kiko da Silva
Kiko da Silva leva case 25 anos traballando como ilustrador e historietista profesional. Dende O Garaxe Hermético, a escola onde forma a futuros autores e autoras de banda deseñada, fai un repaso á súa traxectoria artística.
Pablo Otero
O artista visual e ilustrador ourensán Pablo Otero é coñecido por concibir o proceso creativo das súas obras como algo único e por empregar unha gran diversidade de técnicas.
Emilio Urberuaga
Emilio Urberuaga, creador da imaxe do famoso Manolito Gafotas e posuidor dunha longa e galardoada traxectoria artística, define o seu oficio como «o traslado de ideas da cabeza ao papel»
Gustavo A. Rosemffet – Gusti
Gustavo A. Rosemffet (Gusti) é un ilustrador e autor arxentino afincado en Barcelona cunha dilatada carreira artística. Varios galardóns, como o Premio Nacional de Ilustración que recibiu en 1990, dérono a coñecer internacionalmente.