Home>Sección Videoteca

Videoteca

Todos os vídeos de KALANDRAKA TV, nun repositorio ordenado cronoloxicamente.

Outras seccións
2022-03-17T12:39:11+01:00

30 anos cantando con Migallas Teatro

Migallas Teatro celebra o seu 30.º aniversario dando comezo á xira do espectáculo “30 anos cantando con Migallas”. Nel interpretaranse os seus temas máis populares, recollidos nos libros-disco “Canta connosco!” e “Pan de millo”, ilustrados por Óscar Villán e Dani Padrón, respectivamente, e editados por Kalandraka. Moitos parabéns!

2023-02-01T16:12:43+01:00

De papel

A obra “De papel”, con texto de Claudia Novaro e ilustracións de Armando Fonseca, foi finalista do XIV Premio Compostela de Álbum Ilustrado. Unha proposta poética e visual que sorprende e emociona.

2022-02-24T17:42:05+01:00

Mención Especial a “SELVA” – XI Premios Kirico

“Selva”, de Marina Gibert, obra gañadora do XIV Premio Compostela, vén de ser distinguida cunha Mención Especial nos XI Premios Kirico. Unha aventura visual chea de imaxinación e sorpresas, repleta de colorido e exuberante vexetación.

2023-02-01T16:14:32+01:00

Chuvisca

“Momú, mimé, mumí, memó, estemos empopedos e non sobemos que focer!” “Chuvisca” é o novo libro de Fernando Pérez Hernando, unha divertida historia protagonizada por unha familia de aves, na que as vogais convértense nun recurso para crear un enxeñoso xogo fónico.

Outras seccións