Videoteca
Todos os vídeos de KALANDRAKA TV, nun repositorio ordenado cronoloxicamente.
Outras seccións
Onde habitan os libros
Puntos cardinais
Libros para soñar
Vídeos musicais
Álbum de familia
No Día da Poesía presentamos "Álbum de familia", distinguido co XIII Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenas e Nenos. Versos de Alejandro Pedregosa ilustrados por Carole Hénaff. Un achegamento sensible e necesario ao crisol de culturas que nos rodea... Moi pronto nas librarías!
Arbolidades
Na antesala da primavera e do Día da Poesia, esta proposta de lectura transpórtanos aos bosques: Arbolidades (XII PremioOrihuela), versos de David Hernandez Sevillano ilustrados por Maite Mutuberria
Convocatoria do XIV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados
O Departamento de Educación do Concello de Santiago e mais Kalandraka convocan o XIV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados. O prazo para o envío de obras rematará o vindeiro 14 de maio. Consulta as bases na web. Anímate a participar!
Entrevista a Pietro Gottuso – Dende 1880
Pietro Gottuso, gañador do Premio Internacional Compostela de álbums ilustrados co seu álbum “Dende 1880”, foi entrevistado por Irene Greco, responsable da sección infantil da libraría Feltrinelli e creadora do proxecto de animación á lectura “Leggimiprima”. Na entrevista tamén intervén Lola Barceló directora de Kalandraka Italia.