Home>Sección Videoteca

Videoteca

Todos os vídeos de KALANDRAKA TV, nun repositorio ordenado cronoloxicamente.

Outras seccións
2022-10-20T16:30:02+02:00

O comedor da avoa

Con texto de Pilar Hurtado e ilustracións de Luisa Rivera, “O comedor da avoa” invítanos a sentar arredor da mesa para facer unha viaxe gastronómica polo mundo a través dos aromas, sabores e pratos representativos de varios países.

2023-02-01T12:00:18+01:00

Paxaros

Visitáronnos as autoras de “Paxaros”, Natacha Ortega e Lucía Franco, xunto co músico de Dragón Dorado Mauricio Gelardi, para facernos cantar e bailar con este fermoso poema-canción. En Libros para Soñar Vigo esperábaos Paco Nogueiras cunha melódica sorpresa

2023-02-01T12:05:00+01:00

Cos brazos abertos

“Cos brazos abertos”, de Antonio Rubio e Maria Girón, preséntanos unha escola diversa e integradora, onde nenas e nenos de diferentes procedencias conviven felices e en harmonía. Un canto á esperanza dun mundo fraterno e igualitario, onde todas e todos temos cabida.

2022-09-29T13:28:20+02:00

FIC Bueu 2022

Coa celebración da Gala Escolas Galegas chegou á súa fin a décimo quinta edición do FIC Bueu, na que se realizaron diversas actividades arredor do cinema e se proxectaron máis dun cento de curtametraxes. Parabéns ás persoas premiadas!

2023-02-01T12:19:17+01:00

Quen son? Crías de animais

Europa, África, América, Australia: a colección “Quen son? Crías de animais” segue medrando e desvelando -a través de sinxelas adiviñas- os segredos da fauna do planeta. O Tándem Seceda e a ilustradora Ester García son os artífices destes fermosos libros informativos.

Outras seccións