Home>Sección Videoteca

Videoteca

Todos os vídeos de KALANDRAKA TV, nun repositorio ordenado cronoloxicamente.

Outras seccións
2023-02-01T15:55:03+01:00

Verme

“Verme” é o novo libro interactivo en formato acordeón dos autores de “Balea”, Federico Fernández e Germán González, que nos presenta un moderno aparello perforador dirixido por uns divertidos operarios. A mellor forma de viaxar polas profundidades da Terra!

2023-02-01T15:59:00+01:00

“Unha cor propia” de Leo Lionni

No 112.º aniversario do nacemento de Leo Lionni, compartimos o booktrailer da súa obra “Unha cor propia”, fábula contemporánea sobre as aventuras dun camaleón na procura da súa identidade.

2022-04-29T13:33:31+02:00

Especial Migallas Teatro

A compañía Migallas Teatro celebra mañá o seu 30.º aniversario. Grazas pola vosa xenerosidade ao longo destas tres décadas. Parabéns e que veñan moitos máis!

2023-02-01T16:00:37+01:00

Despois do diario de Anne Frank

“Despois do diario de Anne Frank”, de Bas von Benda-Beckmann, é un estudo histórico pioneiro sobre o destino das oito persoas agochadas na Casa de atrás e o seu paso polos campos de exterminio nazis. Unha forma de manter viva a memoria para que a historia non se repita.

Outras seccións