Booktrailers
Petiscos audiovisuais para asomarnos ás páxinas dos Libros para soñar.
Outras seccións
Onde habitan os libros
Puntos cardinais
Libros para soñar
Vídeos musicais
Xogo de letras
Xogo de letras, de Antonio Rubio e Óscar Villán, é un libro acartonado ideal para iniciar os máis pequenos no coñecemento do abecedario.
Flop e o lago
Cando Flop acompaña os seus irmáns ao lago, el prefire quedar na beira mentres eles nadan e xogan, convencido de que baixo a auga se agochan misterios inquietantes.
Labirinto
Labirinto é a historia dun pintor que, canso de empregar unicamente o negro e o gris, emprende unha viaxe cara a un territorio descoñecido, disposto a descifrar os seus segredos. Alí descubrirá un mundo repleto de novos aromas, texturas e tonalidades, pero non será ata o seu regreso cando se decate de que esa experiencia tamén fai mudar algo no seu interior.
Patas arriba
É un día tranquilo na sabana: os animais descansan, trotan, aliméntanse e refréscanse. De súpeto, a sabana retumba coa estrondosa chegada do elefante e todo se pon “Patas arriba”.
Soño dunha sombra | Sueño de una sombra | Dream of a shadow
Soño dunha sombra | Sueño de una sombra | Dream of a shadow é un álbum de Xosé Cobas sobre a luz e o tempo para os amantes da arte, cun brillante epílogo do escritor Manuel Rivas.