Booktrailers
Petiscos audiovisuais para asomarnos ás páxinas dos Libros para soñar.
Outras seccións
Onde habitan os libros
Puntos cardinais
Libros para soñar
Vídeos musicais
“Verme” no Culturgal
Tras “Balea”, Federico Fernández e Germán González presentarán este sábado o seu novo libro despregable e interactivo: con “Verme” poderemos viaxar ás profundidades da Terra cuns divertidos tripulantes. Vémonos ás 13:30h no Espazo Infantil do Culturgal!
Terra de ninguén
Imprescindible, valente e comprometido cos excluídos da sociedade, “Terra de ninguén”, con texto de María José Floriano e ilustracións de Federico Delicado, é un álbum que nos amosa unha realidade invisibilizada a través da mirada doce e creativa da infancia
Fab, o monstro amarelo
“Fab, o monstro amarelo” é un clásico divertido de Carme Solé Vendrell protagonizado por unha simpática criatura que esquece as súas preocupacións para axudar os demais. Unha homenaxe ao ilustrador David McKee e a algúns dos seus personaxes máis queridos.
O comedor da avoa
Con texto de Pilar Hurtado e ilustracións de Luisa Rivera, “O comedor da avoa” invítanos a sentar arredor da mesa para facer unha viaxe gastronómica polo mundo a través dos aromas, sabores e pratos representativos de varios países.
Cos brazos abertos
“Cos brazos abertos”, de Antonio Rubio e Maria Girón, preséntanos unha escola diversa e integradora, onde nenas e nenos de diferentes procedencias conviven felices e en harmonía. Un canto á esperanza dun mundo fraterno e igualitario, onde todas e todos temos cabida.