Booktrailers
Petiscos audiovisuais para asomarnos ás páxinas dos Libros para soñar.
Outras seccións
Onde habitan os libros
Puntos cardinais
Libros para soñar
Vídeos musicais
¡A la luna, a las dos y a las tres…!
Versos lunáticos, nocturnos e soñadores que nacen de cancións, xogos e adiviñas da tradición oral... recreados en clave lúdica. Unha fermosa obra con texto de Nieves García García e ilustracións de Noemí Villamuza
Colección Adela Turin – Booktrailer
Artur e Clementina, Rosa Caramelo, A historia dos bonobos con lentes e Unha feliz catástrofe son títulos da colección «Dalla parte delle bambine», escrita por Adela Turin e ilustrada por Nella Bosnia.
O segredo de Avó Oso – Booktrailer
O bosque é o nevado escenario onde se atopan Mamá Corvo e Avó Oso, que interrompeu o seu letargo invernal, incapaz de lembrar onde agochou un segredo que parece non estar en ningures.
O nacemento do dragón – Booktrailer
Esta obra bilingüe galego-chino mandarín, con texto de Marie Sellier, caligrafías de Wang Fei e ilustracións de Catherine Louis, conta a orixe desta criatura mítica.
Unha longa viaxe – Booktrailer
Nun tempo marcado polo drama dos refuxiados, esta obra con texto de Daniel H. Chambers e ilustracións de Federico Delicado é necesaria para a reflexión, a esperanza e a solidariedade