Home>Sección Booktrailers

Booktrailers

Petiscos audiovisuais para asomarnos ás páxinas dos Libros para soñar.

Outras seccións
2023-08-28T11:21:08+02:00

Bailar nas nubes

Protagonizado por unha nena que soña con “Bailar nas nubes”, este fermoso e colorido libro de Vanina Starkoff reflexiona sobre a importancia do intercambio cultural, a tolerancia e o respecto entre persoas de diferentes culturas.

2023-03-31T12:38:41+02:00

Un, dous, tres, Nadal é

A ritmo de panxoliña, os personaxes e os elementos típicos destas festas -renos, elfos, abetos, Papá Noel, os Magos de Oriente...- asómanse ás páxinas deste libro tan divertido de Nadia Budde para desexarnos... Bo Nadal!

2023-02-01T10:35:57+01:00

Esperando o amencer

A escuridade apoderouse da selva. O lume atemoriza a fauna que a habita. Pero hai luz e esperanza... "Esperando o amencer", de Fabiola Anchorena, é o XV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados: unha obra fermosa e necesaria, emocionante e dura, que nos alerta sobre os efectos devastadores dos incendios, da deforestación, do cambio climático. Un abrazo á natureza.

2023-02-01T10:37:46+01:00

Así ou así?

Comer, beber, durmir, bañarse, vestirse… “Así ou así?”, unha proposta divertida e transgresora de María Pascual de la Torre, ideal para os máis novos como lectura compartida. Porque existen outras maneiras de levar a cabo as actividades do día a día!

2022-11-24T13:19:48+01:00

“Verme” no Culturgal

Tras “Balea”, Federico Fernández e Germán González presentarán este sábado o seu novo libro despregable e interactivo: con “Verme” poderemos viaxar ás profundidades da Terra cuns divertidos tripulantes. Vémonos ás 13:30h no Espazo Infantil do Culturgal!

Outras seccións