Project Description

Home>Booktrailers>Ocultos en el bosque – Mitsumasa Anno

Ocultos en el bosque – Mitsumasa Anno

Outros vídeos

Ocultos en el bosque – Mitsumasa Anno

Ocultos en el bosque” de Mitsumasa Anno é un libro sorprendente, dun dos grandes referentes do mundo da ilustración. Un centenar de especies de fauna e outros insólitos elementos habitan nas páxinas desta obra ata agora inédita no noso país. As súas páxinas son unha viaxe por un intricado espazo natural onde a vexetación camufla a presenza de animais de todo o mundo. Para descubrilos é necesario afinar a agudeza visual. Trátase dun orixinal desafío á intelixencia e á imaxinación. Mitsumasa Anno  era un autor interesado no fomento da curiosidade e a aprendizaxe. As súas ilustracións, feitas con pluma e acuarela, comparáronse coas de M. C. Escher polo seu xogo coas ilusións ópticas, as perspectivas e os puntos de vista cambiantes.

“Ocultos en el bosque” está recomendado para lectores e lectoras de 6 anos en adiante.

Mitsumasa Anno estudou arte, debuxo e literatura. Foi profesor de matemáticas durante unha década nunha escola de Tokio, antes de dedicarse á ilustración de libros infantís. Recibiu os maiores recoñecementos artísticos e literarios. Autor de máis de 300 libros, traducidos en numerosos países, dende 2001 conta cun museo no seu pobo natal de Tsuwano.

Outros vídeos

Libros para soñar

Las palabras de los autores y los ilustradores, las actividades de animación a la lectura desarrolladas a partir de las obras, las recomendaciones de los expertos, los cuentos favoritos de los más pequeños… los protagonistas de estos vídeos -los Libros para soñar– forman parte del catálogo de KALANDRAKA: propuestas para pre-lectores, adaptaciones de cuentos tradicionales, álbumes ilustrados de nueva creación, relatos, poesía, arte, naturaleza… ¡De la pantalla, a tus manos!

www.kalandraka.tv