Videoteca
Todos os vídeos de KALANDRAKA TV, nun repositorio ordenado cronoloxicamente.
Outras seccións
Onde habitan os libros
Puntos cardinais
Libros para soñar
Vídeos musicais
«No samaín» – Brinca vai! – Paco Nogueiras
«No samaín» é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd Brinca vai!, composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo.
Mi barco – Booktrailer
Cincuenta anos a cruzar os mares en tempos de paz e de guerra, entre calma e tempestade. A historia de Clementine e a vida do seu capitán, vibrantes ronseis plasmados con gran realismo por Roberto Innocenti.
«Pan de millo» – Pan de millo – Migallas Teatro
Pan de millo é un libro-disco publicado por Kalandraka, con ilustracións de Dani Padrón. Neste traballo dirixido a un público familiar, Migallas Teatro reúne 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais.
A que sabe a lúa? – Booktrailer
Un libro tan redondo e saboroso como a lúa chea, ilustrado por Michael Grejniec. Os animais da selva mostrarannos que as cousas compartidas sempre saben moito mellor.
«Arrolo de Cuñas» – Non hai berce coma o colo
Non hai berce coma o colo é un libro-disco con produción e dirección musical de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, ilustrado por Mariona Cabassa e publicado por Kalandraka.