Videoteca
Todos os vídeos de KALANDRAKA TV, nun repositorio ordenado cronoloxicamente.
Outras seccións
Onde habitan os libros
Puntos cardinais
Libros para soñar
Vídeos musicais
Libraría Seijas
A libraría Seijas, situada no centro de Pontevedra, é un referente en materia de álbum ilustrado. A familia de libreiros que a rexenta especializouse en libro infantil e xuvenil.
Libraría La Fabulosa
Con Ana Garralón como anfitrioa, visitamos La Fabulosa, unha «libraría de editores» que conta cun amplo fondo de libro latinoamericano e que dispón dun espazo onde cada editorial pode expor o seu catálogo completo.
Colección Adela Turin – Booktrailer
Artur e Clementina, Rosa Caramelo, A historia dos bonobos con lentes e Unha feliz catástrofe son títulos da colección «Dalla parte delle bambine», escrita por Adela Turin e ilustrada por Nella Bosnia.
Colección Adela Turin
Nos anos 70 do século pasado, a escritora Adela Turin e a ilustradora Nella Bosnia comezaron a publicar en Italia a colección «Dalla parte delle bambine», que en España foi editada pouco despois por Esther Tusquets co lema «A favor de las niñas».
Convocatoria do XII Premio Compostela de Álbum Ilustrado
O Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago de Compostela, en colaboración con Kalandraka Editora, e no marco da súa XIX Campaña de Animación á Lectura, convoca o XII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados.