Videoteca
Todos os vídeos de KALANDRAKA TV, nun repositorio ordenado cronoloxicamente.
Outras seccións
Onde habitan os libros
Puntos cardinais
Libros para soñar
Vídeos musicais
Bologna Children´s Book Fair
Entre o 1 e 4 de abril celebrouse a 56ª edición da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, con Suíza como país convidado.
Entrevista a Fran Pintadera e Christian Inaraja – Cándido
O escritor Fran Pintadera e o ilustrador Christian Inaraja son os creadores de Cándido e os demais, a obra galardoada co XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.
Carnaval Literario do Centro Educativo Gençana
A sección «Experiencias Lectoras» estréase viaxando a Valencia para coñecer o Centro Educativo Gençana, unha escola diferente que destaca polo seu compromiso coa animación á lectura e polo seu método de ensino.
XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura
Ata o 3 de maio, o Centro Abanca Obra Social na Praza de Cervantes, en Santiago de Compostela, acolle a XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada polo Departamento de Educación e Cidadanía do Concello, co lema “Cándido e dez premios máis”.
Día Mundial da Poesía
Para darlle a benvida á primavera e celebrar o Día Mundial da Poesía presentamos tres fermosas obras poéticas en éuscaro, galego e castelán: Xomorropoemak, de Leire Bilbao e Maite Mutuberria, Premio Euskadi 2017.