Videoteca
Todos os vídeos de KALANDRAKA TV, nun repositorio ordenado cronoloxicamente.
Outras seccións
Onde habitan os libros
Puntos cardinais
Libros para soñar
Vídeos musicais
O pequeno indio – Booktrailer
Ninguén coma o pequeno Brais rastrexa, corre e manexa mellor o arco e as frechas. Só a voz atronadora da mamá é capaz de borrar dun plumazo as súas aventuras no lonxano Oeste.
Tamara, Xurxo e Bela
A sección «Cantar e contar» estréase visitando a Xurxo e a súa nai, Tamara, que comparten a lectura de Animais, unha obra de pictogramas poéticos cuns simpáticos e salvaxes protagonistas.
Premio ao Libro Infantil e Xuvenil Mellor Editado
En Kalandraka estamos de celebración. Acaban de comunicarnos desde o Ministerio de Cultura que dous libros publicados pola nosa editorial foron distinguidos co 1º e 3º Premio aos Libos infantís e Xuvenís mellor editados no Estado español.
1 Ano + 100 vídeos
Cantas entrevistas con autoras e autores! Cantas visitas a librarías, bibliotecas, escolas! Cantas recomendacións de lectura! KALANDRAKA TV vén de cumprir un ano de emisión: 100 vídeos achegando a Literatura Infantil e Xuvenil a familias, docentes, mediadores...
C.P. Los Jarales
No Día das Bibliotecas visitamos o C.P. Los Jarales, en Las Rozas, un centro educativo destacado polo seu labor de fomento da lectura. A mestra e bibliotecaria Ana López Andrade salienta a importancia de animar a ler os máis pequenos a través de diversas actividades.