Project Description
XVIII Campaña Municipal de Animación á Lectura
Outros vídeos
Gústache o noso contido? Compárteo!
A Campaña Municipal de Animación á Lectura, realizada por Kalandraka para o Concello de Santiago, é unha iniciativa que procura achegar a lectura ás nenas e nenos desta cidade a través de diferentes actividades. Coñecemos neste vídeo a súa XVIII edición, que, ademais da exposición de ilustración que se articula cada ano arredor do Premio Compostela, inclúe outras actividades como sesións de contacontos, encontros con ilustradores e obradoiros de escrita. Alén diso, falamos con autores, ilustradores e varias figuras públicas da cidade sobre a importancia desta campaña, e finalmente coñecemos máis do Premio Compostela e da gañadora da décima edición, a ilustradora arxentina Rocío Alejandro, polo álbum ilustrado A horta de Simón.
Enlaces de interese:
- A horta de Simón no catálogo de «Libros para soñar»
- Ficha de Rocío Alejandro