Project Description
Unha longa viaxe
Outros vídeos
Gústache o noso contido? Compárteo!
Neste programa da sección Libros para soñar presentamos Unha longa viaxe, escrito por Daniel H. Chambers e ilustrado por Federico Delicado. Esta é a dura historia de dúas viaxes paralelas que se entrelazan, protagonizadas por unha gansa e a súa cría que emigran cara ao sur e por unha familia que foxe da guerra cara ao norte. Unha obra necesaria que reflicte o drama dos refuxiados, un conflito tan presente e actual.
Enlaces de interese:
Outros vídeos
Libros para soñar
As palabras dos autores e dos ilustradores, as actividades de animación á lectura desenvolvidas a partir das obras, as recomendacións dos expertos, os contos favoritos dos máis pequenos… os protagonistas destes vídeos -os Libros para soñar– forman parte do catálogo de KALANDRAKA: propostas para pre-lectores, adaptacións de contos tradicionais, álbums ilustrados de nova creación, relatos, poesía, arte, natureza… Da pantalla, ás túas mans!