Project Description

Home>Vídeos musicais>«Radio Bulebule» – Radio Bulebule – Paco Nogueiras

«Radio Bulebule» – Radio Bulebule – Paco Nogueiras

Outros vídeos

Gústache o noso contido? Compárteo!

Radio Bulebule é o novo traballo de Paco Nogueiras logo de Brinca vai! (III Premio Martín Códax da Música – Infantil). O medio radiofónico inspira as 12 cancións deste novo libro-cd-dvd, no que volven participar o ilustrador David Pintor e José Miguel Sagüillo dirixindo os videoclips que, como novidade, forman unha curtametraxe.

Os temas dispóñense ao xeito da grella de programación dunha peculiar emisora na que non faltan sintonía de entrada, axenda cultural, magazine de variedades -tendencias, ciencia, natureza…-, música, faladoiro, noticias, información deportiva e previsión meteorolóxica.

  • Texto e música: Paco Nogueiras
  • Ilustracións: David Pintor
  • Videoclips: José Miguel Sagüillo
  • Limiar: Xurxo Souto
  • Epílogo: Ponte… nas Ondas!

Enlaces de interese:

Outros vídeos