Project Description

Quen é ese becho?

Outros vídeos

De lunares, a raias, con cen pés… Pode que o teñas visto e que te preguntaras “Quen é ese becho?”. Por iso Carmen Queralt creou este libro cunhas divertidas ilustracións. Os ‘Contos Contados’ volven recibir a Paco Nogueiras para contar e cantar esta historia coa melodía do seu acordeón… e para sorprendernos cun descubrimento!

Outros vídeos

Libros para soñar

As palabras dos autores e dos ilustradores, as actividades de animación á lectura desenvolvidas a partir das obras, as recomendacións dos expertos, os contos favoritos dos máis pequenos… os protagonistas destes vídeos -os Libros para soñar– forman parte do catálogo de KALANDRAKA: propostas para pre-lectores, adaptacións de contos tradicionais, álbums ilustrados de nova creación, relatos, poesía, arte, natureza… Da pantalla, ás túas mans!

www.kalandraka.com