Meet Leo Lionni

2021-05-25T13:39:19+02:00

“Meet Leo Lionni” é unha reportaxe moi especial que presentamos, coa colaboración da compañía McGraw-Hill. Realizado en 1985, este documental dános a coñecer -dun xeito tenro e divertido- o autor de grandes clásicos da Literatura Infantil: “Pequeno Azul e Pequeno Amarelo”, “Frederick”, “Nadarín”…

CHIN BAM BUM! – Booktrailer

2023-02-06T14:13:24+01:00

Estes pequenos amigos crean unha divertida orquestra con por tarteiras, culleres e todo tipo de utensilios de cociña.   CHIN BAM BUM! Unha nova historia de Frédéric Stehr en formato acartonado.

O día das apertas – Booktrailer

2023-02-06T14:26:30+01:00

Veña, vai buscar o teu peluxe! Hoxe é “O día das apertas” e hai que celebralo... A amizade, os sentimentos e as inquedanzas da infancia, nunha tenra historia de Frédéric Stehr en formato acartonado para prelectores.

No ovo – Booktrailer

2023-02-06T14:28:12+01:00

“No ovo” estaban cómodos e quentiños pero o parrulo, a tartaruga, o crocodilo… foron saíndo da casca e algo estraño empezou a suceder. Unha divertida historia de Emma Lidia Squillari cunha sorpresa final.

Gelsomino no país dos mentiráns

2023-02-06T14:32:45+01:00

Hoxe compartimos “Gelsomino no país dos mentiráns” de Gianni Rodari, ilustrado por Pablo Otero. O protagonista desta historia é un neno cunha voz tan potente que pode esnaquizar castelos enteiros. Nesta aventura, enfróntanse co rei do País dos Mentiráns, un lugar onde MENTIR é obrigatorio por lei.

Ernesto, o elefante

2023-02-06T15:04:47+01:00

“Ernesto, o elefante” vivía tranquilamente coa súa nai e o resto da manda. Un día pasaron a beira dunha selva e…. comezou a súa aventura. Anthony Browne, autor recoñecido internacionalmente, preséntanos a súa última creación.

Na cola para a Arca – Booktrailer

2023-02-06T15:08:21+01:00

Este sábado 27 de marzo é o #DíaMundialdoTeatro e para celebralo compartimos o booktrailer do libro “Na cola para a Arca”, unha homenaxe ao teatro como lugar de encontro. Unha divertida historia escrita por Antonis Papatheodoulou e ilustrada por Iris Samartzi. Podedes lelo en seis linguas!

Álbum de familia

2023-02-07T08:49:11+01:00

No Día da Poesía presentamos "Álbum de familia", distinguido co XIII Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenas e Nenos. Versos de Alejandro Pedregosa ilustrados por Carole Hénaff. Un achegamento sensible e necesario ao crisol de culturas que nos rodea... Moi pronto nas librarías!

Go to Top