De norte a sur, un vuelo migratorio lleno de sueños y esperanzas. Una metáfora poética de la vida que nos invita a alzar la vista al cielo para descubrir la belleza del ritual ornitológico.
Tres anos de KalandrakaTV!
KTV2021-09-27T15:04:30+02:00Tres anos de KalandrakaTV! Neste tempo tempo descubrimos novos ‘Libros para soñar’, conversamos coas súas autoras e autores; visitamos bibliotecas e librarías, contamos e cantamos contos que nos acompañaron durante a pandemia… Grazas por seguirnos!
Presentación do libro “Por qué llora la maestra” de Gonzalo Moure
KTV2021-09-23T13:07:06+02:00Gonzalo Moure asegura que “escribir cura e escrivivir aínda máis”. O poder liberador da literatura e a súa experiencia creativa, plasmados na obra "Por qué llora la maestra", sobre a que el autor dialogou en Moito Conto coa orientadora Ana T. Jack
FIC Bueu 2021
KTV2021-09-22T14:42:45+02:00Coa Gala Escolas Galegas, o espectáculo “Dobre Extra” de Paco Nogueiras e Marc Taeger, e outras actividades arredor do cinema chegou á súa fin unha edición máis de FIC Bueu. Noraboa ás persoas premiadas polas súas curtametraxes!
Ratos na escola
KTV2023-02-02T09:47:23+01:00Volvemos ás aulas con “Ratos na escola”, de Oli e Natalia Colombo, unha divertida aventura para desfrutar con todo o que podemos facer no colexio: xogar, ler, pintar, crear música…
Facer dedo
KTV2023-02-06T08:47:58+01:00Para lembrarmos as aventuras vividas neste verán, achegámonos ao divertido proceso de creación de “Facer dedo” da man do seu autor, Guilherme Karsten. Un conto rimado e acumulativo… que nos leva sobre rodas!
Quen son?
KTV2023-02-06T08:51:14+01:00"Quen son?" propóñenvos unha adiviña: descubrir a que especie pertencen unha serie de "Crías de animais" seguindo unhas sinxelas pistas. Oso, lobo, cisne... de Europa e de África, unha nova colección de fauna en galego para nenas e nenos creada polo Tándem Seceda e ilustrada por Ester García
CEIP Milladoiro de Malpica
KTV2021-06-11T11:52:29+02:00Gústanos coñecer e compartir #ExperienciasLectoras que destacan pola súa calidade e orixinalidade. É o caso do proxecto de animación á #lectura do CEIP Milladoiro de #Malpica. Na recta final do curso escolar, unha iniciativa moi interesante e inspiradora!
Leo Lionni – Entre mundos
KTV2023-02-06T08:57:30+01:00A autobiografía EntreMundos de LeoLionni inspíranos un booktrailer protagonizado por Frederick, Nadarín, Pequeno Azul e Pequeno Amarelo, Cornelio e outros personaxes que saen das páxinas dos libros.
Meet Leo Lionni
KTV2021-05-25T13:39:19+02:00“Meet Leo Lionni” é unha reportaxe moi especial que presentamos, coa colaboración da compañía McGraw-Hill. Realizado en 1985, este documental dános a coñecer -dun xeito tenro e divertido- o autor de grandes clásicos da Literatura Infantil: “Pequeno Azul e Pequeno Amarelo”, “Frederick”, “Nadarín”…