“Avoa de arriba e avoa de abaixo”, de Tomie dePaola, é un clásico contemporáneo, tenro e emotivo, que nos achega a cuestións fundamentais da vida como o cariño, a familia e o paso do tempo.
“ESPERANDO EL AMANECER” XV Premio Internacional Compostela
KTV2022-06-30T14:40:58+02:00A artista peruana Fabiola Anchorena é a gañadora do XV Premio Compostela de Álbums Ilustrados con “Esperando el Amanecer”, unha obra que denuncia a destrucción ambiental da Amazonía. Parabéns!
David Pintor
KTV2023-02-01T12:22:38+01:00O ilustrador e humorista gráfico coruñés David Pintor ábrenos as portas do seu taller e fai un repaso pola súa traxectoria artística, na que destacan obras como a colección Cidades e as súas colaboracións co escritor Carlos López (Pinto & Chinto).
23.ª Campaña de Animación á Lectura de Kalandraka Editora
KTV2022-06-03T11:09:08+02:00No marco da 23.ª Campaña de Animación á Lectura de Kalandraka Editora, visitamos o CRA de Dodro, onde as nenas e nenos puideron gozar dunha sesión de contos e de música da man do artista Paco Nogueiras. Grazas pola vosa acollida e felices lecturas!
Rizos de Ouro e os tres osos
KTV2023-02-01T15:31:44+01:00“Moi preto dun bosque vivía unha nena á que lle chamaban Rizos de Ouro...” Olivier Douzou é o autor do álbum “Rizos de Ouro e os tres osos”, unha adaptación moderna e innovadora do conto clásico, cargada de humor e creatividade.
Edadrebil. 7 contos e 1 espello
KTV2023-02-01T15:44:33+01:00“Edadrebil. 7 contos e 1 espello”, con texto de Miquel Obiols e ilustracións de Miguel Calatayud, está considerada na LIX como unha das mellores obras do século XX. Sete extraordinarias viaxes a través da fantasía que convidan a ler, mirar, xogar e imaxinar.
“O rap da lingua”: Canta connosco! de Migallas Teatro
KTV2024-01-16T13:08:46+01:00Na véspera do Día das Letras Galegas compartimos o videoclip de “O rap da lingua”, de Migallas Teatro. Esta canción forma parte do libro-disco “Canta connosco!”, ilustrado por Óscar Villán e publicado por Kalandraka.
“Unha cor propia” de Leo Lionni
KTV2023-02-01T15:59:00+01:00No 112.º aniversario do nacemento de Leo Lionni, compartimos o booktrailer da súa obra “Unha cor propia”, fábula contemporánea sobre as aventuras dun camaleón na procura da súa identidade.
Convocatoria XV Premio Internacional COMPOSTELA de Álbums Ilustrados
KTV2022-05-03T10:13:22+02:00O próximo 13 de maio finaliza o prazo para o envío de obras ao Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Consulta as bases na web e anímate a participar!