“Edadrebil. 7 contos e 1 espello”, con texto de Miquel Obiols e ilustracións de Miguel Calatayud, está considerada na LIX como unha das mellores obras do século XX. Sete extraordinarias viaxes a través da fantasía que convidan a ler, mirar, xogar e imaxinar.
“O rap da lingua”: CANTA CONNOSCO! de Migallas Teatro
KTV2023-02-01T15:51:08+01:00Na véspera do Día das Letras Galegas compartimos o videoclip de “O rap da lingua”, de Migallas Teatro. Esta canción forma parte do libro-disco “Canta connosco!”, ilustrado por Óscar Villán e publicado por Kalandraka.
“Unha cor propia” de Leo Lionni
KTV2023-02-01T15:59:00+01:00No 112.º aniversario do nacemento de Leo Lionni, compartimos o booktrailer da súa obra “Unha cor propia”, fábula contemporánea sobre as aventuras dun camaleón na procura da súa identidade.
Convocatoria XV Premio Internacional COMPOSTELA de Álbums Ilustrados
KTV2022-05-03T10:13:22+02:00O próximo 13 de maio finaliza o prazo para o envío de obras ao Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Consulta as bases na web e anímate a participar!
Especial Migallas Teatro
KTV2022-04-29T13:33:31+02:00A compañía Migallas Teatro celebra mañá o seu 30.º aniversario. Grazas pola vosa xenerosidade ao longo destas tres décadas. Parabéns e que veñan moitos máis!
Despois do diario de Anne Frank
KTV2023-02-01T16:00:37+01:00“Despois do diario de Anne Frank”, de Bas von Benda-Beckmann, é un estudo histórico pioneiro sobre o destino das oito persoas agochadas na Casa de atrás e o seu paso polos campos de exterminio nazis. Unha forma de manter viva a memoria para que a historia non se repita.
Pippi Mediaslongas
KTV2022-04-01T14:00:11+02:00O 2 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Para celebrar esta data, recomendamos a lectura das divertidas aventuras de Pippi Mediaslongas, un clásico imprescindible con texto de Astrid Lindgren e ilustracións de Ingrid Vang Nyman.
30 anos cantando con Migallas Teatro
KTV2022-03-17T12:39:11+01:00Migallas Teatro celebra o seu 30.º aniversario dando comezo á xira do espectáculo “30 anos cantando con Migallas”. Nel interpretaranse os seus temas máis populares, recollidos nos libros-disco “Canta connosco!” e “Pan de millo”, ilustrados por Óscar Villán e Dani Padrón, respectivamente, e editados por Kalandraka. Moitos parabéns!