Co debate de plena actualidade sobre a restrición no uso dos teléfonos móbiles nos centros de ensino, coa presenza cada vez maior dos dispositivos electrónicos nos fogares, co aumento dos problemas derivados do sedentarismo infantil, cómpre volver ao diálogo, á comunicación interpersoal, á actividade física ao aire libre…
Sete monstros e un gato
KTV2026-05-25T15:37:42+02:00Un vampiro, un zombi, un fantasma, unha bruxa, unha momia, un lobishome, o monstro de Frankenstein e… un gato! Onde irán? Un álbum terrorificamente divertido e cheo de sorpresas, con texto de Rafael Ordóñez e ilustracións de Christian Inaraja.
Bailar nas nubes
KTV2023-08-28T11:21:08+02:00Protagonizado por unha nena que soña con “Bailar nas nubes”, este fermoso e colorido libro de Vanina Starkoff reflexiona sobre a importancia do intercambio cultural, a tolerancia e o respecto entre persoas de diferentes culturas.
“O libro máxico”: Canta connosco! de Migallas Teatro
KTV2024-01-16T13:17:08+01:00Migallas Teatro anímanos a fuxir do aburrimento imaxinando que somos piratas, pallasos, astronautas… porque “todo pode suceder” se abrimos “O libro máxico”. Festexamos o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil con esta canción do libro-disco “Canta Connosco!”, ilustrado por Óscar Villán.
Carme Solé Vendrell
KTV2023-03-31T12:35:17+02:00A ilustradora catalá Carme Solé Vendrell, autora de clásicos como “Fab, o monstro amarelo”, conversa sobre a influencia do teatro na súa obra, o seu compromiso coa infancia e as súas colaboracións con figuras como David McKee.
Chévere – Trinta e cinco anos de axitación cultural
KTV2023-02-01T11:58:47+01:00Chévere cumpre 35 anos "de axitación cultural" sobre os escenarios cunha autobiografía dialogada chea de material gráfico que abrangue a súa traxectoria, distinguida co Premio Nacional de Teatro: reflexións e anécdotas nas que non falta o humor.
Un, dous, tres, Nadal é
KTV2023-03-31T12:38:41+02:00A ritmo de panxoliña, os personaxes e os elementos típicos destas festas -renos, elfos, abetos, Papá Noel, os Magos de Oriente...- asómanse ás páxinas deste libro tan divertido de Nadia Budde para desexarnos... Bo Nadal!
Entrega do XV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados – “Esperando o amencer”
KTV2022-12-16T14:26:29+01:00Canta emoción no acto de entrega do XV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados á artista Fabiola Anchorena, celebrado no Concello de Santiago... A autora de “Esperando o amencer” tamén visitou o IES do Sar e o CIFP Compostela para compartir as claves deste libro co alumnado de Artes e de Educación Infantil.
Esperando o amencer
KTV2023-02-01T10:35:57+01:00A escuridade apoderouse da selva. O lume atemoriza a fauna que a habita. Pero hai luz e esperanza... "Esperando o amencer", de Fabiola Anchorena, é o XV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados: unha obra fermosa e necesaria, emocionante e dura, que nos alerta sobre os efectos devastadores dos incendios, da deforestación, do cambio climático. Un abrazo á natureza.
Así ou así?
KTV2023-02-01T10:37:46+01:00Comer, beber, durmir, bañarse, vestirse… “Así ou así?”, unha proposta divertida e transgresora de María Pascual de la Torre, ideal para os máis novos como lectura compartida. Porque existen outras maneiras de levar a cabo as actividades do día a día!