Project Description
Ocultos en el bosque – Mitsumasa Anno
Outros vídeos
Ocultos en el bosque – Mitsumasa Anno
“Ocultos en el bosque” de Mitsumasa Anno é un libro sorprendente, dun dos grandes referentes do mundo da ilustración. Un centenar de especies de fauna e outros insólitos elementos habitan nas páxinas desta obra ata agora inédita no noso país. As súas páxinas son unha viaxe por un intricado espazo natural onde a vexetación camufla a presenza de animais de todo o mundo. Para descubrilos é necesario afinar a agudeza visual. Trátase dun orixinal desafío á intelixencia e á imaxinación. Mitsumasa Anno era un autor interesado no fomento da curiosidade e a aprendizaxe. As súas ilustracións, feitas con pluma e acuarela, comparáronse coas de M. C. Escher polo seu xogo coas ilusións ópticas, as perspectivas e os puntos de vista cambiantes.
“Ocultos en el bosque” está recomendado para lectores e lectoras de 6 anos en adiante.
Mitsumasa Anno estudou arte, debuxo e literatura. Foi profesor de matemáticas durante unha década nunha escola de Tokio, antes de dedicarse á ilustración de libros infantís. Recibiu os maiores recoñecementos artísticos e literarios. Autor de máis de 300 libros, traducidos en numerosos países, dende 2001 conta cun museo no seu pobo natal de Tsuwano.