Project Description
«Meu o mundo é!» – Brinca vai! – Paco Nogueiras
Outros vídeos
Gústache o noso contido? Compárteo!
«Meu o mundo é!» é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd Brinca vai!, composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo. Cun amplo abano de ritmos -dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica- este traballo publicado por Kalandraka pretende achegar a tradición á actualidade a través de estéticas contemporáneas. Trata temas como: as estacións, a natureza, a lectura, a amizade, os xogos e as celebracións populares, festas como o Entroido, o Magosto, o Samaín ou o Nadal.
- Texto e música: Paco Nogueiras
- Ilustracións: David Pintor
- Videoclips: José Miguel Sagüillo
- Gravación: Casa de Tolos (Gondomar)
Enlaces de interese:
Outros vídeos
- “O libro máxico”: Canta connosco! de Migallas TeatroKTV2023-03-31T12:34:43+02:00
“O libro máxico”: Canta connosco! de Migallas Teatro
- “O rap da lingua”: CANTA CONNOSCO! de Migallas TeatroKTV2023-02-01T15:51:08+01:00
“O rap da lingua”: CANTA CONNOSCO! de Migallas Teatro
Libros para soñar
As palabras dos autores e dos ilustradores, as actividades de animación á lectura desenvolvidas a partir das obras, as recomendacións dos expertos, os contos favoritos dos máis pequenos… os protagonistas destes vídeos -os Libros para soñar– forman parte do catálogo de KALANDRAKA: propostas para pre-lectores, adaptacións de contos tradicionais, álbums ilustrados de nova creación, relatos, poesía, arte, natureza… Da pantalla, ás túas mans!