Project Description

Home>Crónica>Entrevista a Fran Pintadera e Christian Inaraja – Cándido

Entrevista a Fran Pintadera e Christian Inaraja – Cándido

Outros vídeos

Gústache o noso contido? Compárteo!

O escritor Fran Pintadera e o ilustrador Christian Inaraja son os creadores de Cándido e os demais, a obra galardoada co XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado que aborda as diferenzas e a diversidade. Os autores destacan o carácter universal deste libro dirixido a todos os públicos, fan fincapé no feito de achegarnos ás cualidades que nos singularizan e tamén salientan a importancia de recibiren este recoñecemento ao seu labor creativo.

Enlaces de interese:

  • Cándido e os demais no catálogo de Kalandraka
  • Ficha de Fran Pintadera
  • Ficha de Christian Inaraja
  • Blog de Fran Pintadera
  • Páxina web de Christian Inaraja
Outros vídeos

Libros para soñar

As palabras dos autores e dos ilustradores, as actividades de animación á lectura desenvolvidas a partir das obras, as recomendacións dos expertos, os contos favoritos dos máis pequenos… os protagonistas destes vídeos -os Libros para soñar– forman parte do catálogo de KALANDRAKA: propostas para pre-lectores, adaptacións de contos tradicionais, álbums ilustrados de nova creación, relatos, poesía, arte, natureza… Da pantalla, ás túas mans!

www.kalandraka.com