Project Description
O pirata Pata de Lata
Outros vídeos
Gústache o noso contido? Compárteo!
O pirata Pata de Lata é un relato rimado que conta as aventuras dun bucaneiro que percorre o mundo en busca de pelexa.
O autor da historia, Oli, e o seu ilustrador, Ramón Trigo, suben a bordo de KTV para falar da súa creación. Conversan sobre as razóns polas que o libro mantén a súa vixencia despois de 20 anos e sobre a orixe e motivación deste relato. Alén diso, aprendemos máis das ilustracións e das técnicas con que se realizaron e descubrimos tamén algún que outro «vello tesouro», que nos axudará a coñecer a fondo as aventuras deste pirata que continúa a atraer aos máis pequenos xeración tras xeración.
Enlaces de interese:
- O pirata Pata de Lata no catálogo de «Libros para soñar»
- Ficha de Oli
- Web oficial de Oli
- Ficha de Ramón Trigo
- Web oficial de Ramón Trigo
Outros vídeos
- Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de ReisPablo2021-01-05T09:48:57+01:00
Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis
Libros para soñar
As palabras dos autores e dos ilustradores, as actividades de animación á lectura desenvolvidas a partir das obras, as recomendacións dos expertos, os contos favoritos dos máis pequenos… os protagonistas destes vídeos -os Libros para soñar– forman parte do catálogo de KALANDRAKA: propostas para pre-lectores, adaptacións de contos tradicionais, álbums ilustrados de nova creación, relatos, poesía, arte, natureza… Da pantalla, ás túas mans!