Project Description
Dende 1880
Otros vídeos
Dende 1880
“Dende 1880” é un álbum sen palabras que mostra o paso do tempo durante os últimos 140 anos, cunha libraría como testemuña do paso do tempo. Ambientada nunha cidade europea, o edificio dunha céntrica rúa é o escenario onde se observa o paso dos anos. Así, o vestiario evoluciona dende o polisón e o smóking da época vitoriana ata a moda actual. Do mesmo xeito, reflíctense fitos históricos: as guerras mundiais, a pandemia de 1918 ou a chegada á Lúa. Todos estes cambios prodúcense ante a atenta mirada de Cronos, o deus do tempo, que coroa o portal.
Elaboradas con acrílico sobre madeira, as ilustracións de Pietro Gottuso destacan polo seu detalle e rigor histórico, resultado dun minucioso proceso de documentación.
“Dende 1880” está recomendado para lectores e lectoras de 6 anos en adiante.
Pietro Gottuso graduouse en Filosofía e en Linguas Orientais. Foi finalista do Premio Renner 2018, do XXIV Premio Internacional Humor Gallarate, do Premio de Ilustración Sansperarte Paese e seleccionado na 30 Bienal Internacional de Humor na Arte. “Dende 1880”, distinguido co XIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, é o seu primeiro libro.
Otros vídeos
- Recomendacións de Gabi, Sara, Paula e YagoMarta2020-11-12T12:52:02+01:00
Recomendacións de Gabi, Sara, Paula e Yago
- Convocatoria do XIV Premio Internacional Compostela para Álbums IlustradosKTV2021-03-02T14:05:19+01:00
Convocatoria do XIV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados
Libros para soñar
As palabras dos autores e dos ilustradores, as actividades de animación á lectura desenvolvidas a partir das obras, as recomendacións dos expertos, os contos favoritos dos máis pequenos… os protagonistas destes vídeos -os Libros para soñar– forman parte do catálogo de KALANDRAKA: propostas para pre-lectores, adaptacións de contos tradicionais, álbums ilustrados de nova creación, relatos, poesía, arte, natureza… Da pantalla, ás túas mans!