Project Description

Home>Actualidade>Convocatoria do XII Premio Compostela de Álbum Ilustrado

Convocatoria do XII Premio Compostela de Álbum Ilustrado

Outros vídeos

Gústache o noso contido? Compárteo!

O Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago de Compostela, en colaboración con Kalandraka Editora, e no marco da súa XIX Campaña de Animación á Lectura, convoca o XII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados.

Con máis de 3000 proxectos presentados dende a primeira edición, este certame consolidouse como un dos premios de creación máis importantes, e varias figuras emblemáticas de LIX teñen formado parte do xurado. As obras galardoadas conforman unha colección diversa canto a tmáticas, procedencias, estilos e técnicas.

Enlaces de interese:

  • Convocatoria do XII Premio Internacional Compostela na web de Kalandraka Editora
Outros vídeos

Libros para soñar

As palabras dos autores e dos ilustradores, as actividades de animación á lectura desenvolvidas a partir das obras, as recomendacións dos expertos, os contos favoritos dos máis pequenos… os protagonistas destes vídeos -os Libros para soñar– forman parte do catálogo de KALANDRAKA: propostas para pre-lectores, adaptacións de contos tradicionais, álbums ilustrados de nova creación, relatos, poesía, arte, natureza… Da pantalla, ás túas mans!

www.kalandraka.com