Project Description
C.P. Los Jarales
Outros vídeos
Gústache o noso contido? Compárteo!
No Día das Bibliotecas visitamos o C.P. Los Jarales, en Las Rozas, un centro educativo destacado polo seu labor de fomento da lectura. A mestra e bibliotecaria Ana López Andrade salienta a importancia de animar a ler os máis pequenos a través de diversas actividades, dende encontros con autores e ilustradores ata sesións de contacontos, pasando pola decoración dos muros da escola con ilustracións dos clásicos da LIX. Entre as figuras protagonistas, a dragoa Leidora leva xa doce anos sendo a mascota deste espazo.
Enlaces de interese:
- Web da biblioteca do C.P. Los Jarales
Outros vídeos
Libros para soñar
As palabras dos autores e dos ilustradores, as actividades de animación á lectura desenvolvidas a partir das obras, as recomendacións dos expertos, os contos favoritos dos máis pequenos… os protagonistas destes vídeos -os Libros para soñar– forman parte do catálogo de KALANDRAKA: propostas para pre-lectores, adaptacións de contos tradicionais, álbums ilustrados de nova creación, relatos, poesía, arte, natureza… Da pantalla, ás túas mans!