Project Description
Crónica – Bologna Children´s Book Fair 2019
Outros vídeos
Gústache o noso contido? Compárteo!
A Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña é un grande acontecemento que se vén realizando desde hai 56 anos. Co obxectivo de coñecela máis a fondo, KALANDRAKA TV desprazouse á cidade italiana para entrevistar a profesionais da ilustración, da edición e da literatura infantil e xuvenil, que acoden a este foro especializado dende distintos países para facer negocios e presentar os seus proxectos ás máis de 1400 editoriais participantes.
Enlaces de interese:
- Páxina web da Bologna Children´s Book Fair
- A Feira de Boloña, no Blog K
Outros vídeos
Libros para soñar
As palabras dos autores e dos ilustradores, as actividades de animación á lectura desenvolvidas a partir das obras, as recomendacións dos expertos, os contos favoritos dos máis pequenos… os protagonistas destes vídeos -os Libros para soñar– forman parte do catálogo de KALANDRAKA: propostas para pre-lectores, adaptacións de contos tradicionais, álbums ilustrados de nova creación, relatos, poesía, arte, natureza… Da pantalla, ás túas mans!