Project Description

Home>Onde habitan os libros>Bibliotecas>Bibliobús – Biblioteca Pública de Zamora

Bibliobús – Biblioteca Pública de Zamora

Outros vídeos

Gústache o noso contido? Compárteo!

Desde 1981 os bibliobuses de Zamora percorren, a través dunha vintena de rutas, os pobos desa parte da chamada “España vaciada” para achegarlle os libros e a cultura á veciñanza. Lectoras e lectores de todas as idades confían en que “non acabe nunca” este valioso servizo, especialmente as nenas e os nenos, para quen o Bibliobús realiza un gran labor de animación á lectura. A actividade coordínase dende a Biblioteca Pública de Zamora, un espazo renovado e moderno que destaca pola súa importante sección de literatura infantil e xuvenil, e cunha clara vocación democratizadora e a prol da igualdade de oportunidades.

Enlaces de interese:

  • Páxina web da Biblioteca Pública de Zamora
Outros vídeos