Project Description
Bea, Miguel e Andrés
Outros vídeos
Gústache o noso contido? Compárteo!
En vésperas do Entroido, Bea, Miguel e Andrés preparan as plumas e instalan a tenda de campaña para gozar dunha lectura que os transporta ata o lonxano Oeste. O pequeno indio conta as aventuras de Brais navegando en canoa, cabalgando entre as montañas, manexando o arco e as frechas. Imaxinación, xogo e humor asegurados neste clásico de Ricardo Alcántara ilustrado por Gusti.
Enlaces de interese:
- O pequeno indio no catálogo de Kalandraka
Outros vídeos
Libros para soñar
As palabras dos autores e dos ilustradores, as actividades de animación á lectura desenvolvidas a partir das obras, as recomendacións dos expertos, os contos favoritos dos máis pequenos… os protagonistas destes vídeos -os Libros para soñar– forman parte do catálogo de KALANDRAKA: propostas para pre-lectores, adaptacións de contos tradicionais, álbums ilustrados de nova creación, relatos, poesía, arte, natureza… Da pantalla, ás túas mans!