Project Description
Associació de Mestres Rosa Sensat
Outros vídeos
Gústache o noso contido? Compárteo!
Rosa Sensat é unha asociación fundada en 1965 por un grupo de mestres unidos polo interese común de mellorar a educación. A presidenta, Francina Martí, destaca o gran labor de formación do profesorado desenvolvido por esta veterana institución, inscrita nas bases dos movementos de renovación pedagóxica. A responsable da biblioteca, Amàlia Ramoneda, define este espazo como un lugar aberto onde todos os recursos están á disposición do público, e o coordinador da área de publicacións, Joan Portell, salienta a importancia da recuperación de obras «imprescindibles» da literatura infantil catalá.
Enlaces de interese:
- Páxina web da Associació de Mestres Rosa Sensat
Outros vídeos
Libros para soñar
As palabras dos autores e dos ilustradores, as actividades de animación á lectura desenvolvidas a partir das obras, as recomendacións dos expertos, os contos favoritos dos máis pequenos… os protagonistas destes vídeos -os Libros para soñar– forman parte do catálogo de KALANDRAKA: propostas para pre-lectores, adaptacións de contos tradicionais, álbums ilustrados de nova creación, relatos, poesía, arte, natureza… Da pantalla, ás túas mans!