Project Description
Animais extraordinarios
Outros vídeos
Gústache o noso contido? Compárteo!
A colección Animais extraordinarios convida a descubrir todo tipo de curiosidades sobre a fauna do planeta. A intención do autor, Xulio Gutiérrez, é ofrecer información de alto rigor científico dun xeito ameno e atractivo para o público infantil, fuxindo do habitual concepto do libro de texto. Destaca tamén o gran traballo do ilustrador Nicolás Fernández, un apaixonado polos animais que se define como un «antigo neno» do divulgador Félix Rodríguez de la Fuente.
Enlaces de interese:
- Bocas no catálogo de Kalandraka
- Construtores no catálogo de Kalandraka
- Nacer no catálogo de Kalandraka
- Ocultos no catálogo de Kalandraka
- Ollos no catálogo de Kalandraka
- Viaxeiros no catálogo de Kalandraka
Outros vídeos
Libros para soñar
As palabras dos autores e dos ilustradores, as actividades de animación á lectura desenvolvidas a partir das obras, as recomendacións dos expertos, os contos favoritos dos máis pequenos… os protagonistas destes vídeos -os Libros para soñar– forman parte do catálogo de KALANDRAKA: propostas para pre-lectores, adaptacións de contos tradicionais, álbums ilustrados de nova creación, relatos, poesía, arte, natureza… Da pantalla, ás túas mans!