Flop e o lago

2026-06-11T10:38:18+02:00

Cando Flop acompaña os seus irmáns ao lago, el prefire quedar na beira mentres eles nadan e xogan, convencido de que baixo a auga se agochan misterios inquietantes.

Labirinto

2026-05-25T15:33:41+02:00

Labirinto é a historia dun pintor que, canso de empregar unicamente o negro e o gris, emprende unha viaxe cara a un territorio descoñecido, disposto a descifrar os seus segredos. Alí descubrirá un mundo repleto de novos aromas, texturas e tonalidades, pero non será ata o seu regreso cando se decate de que esa experiencia tamén fai mudar algo no seu interior.

Patas arriba

2026-04-16T15:44:26+02:00

É un día tranquilo na sabana: os animais descansan, trotan, aliméntanse e refréscanse. De súpeto, a sabana retumba coa estrondosa chegada do elefante e todo se pon “Patas arriba”.

BIM BAM BUM

2024-11-06T09:56:40+01:00

Bim Bam Bum, de Maria Girón, é o XVII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados. Unha obra fresca e vibrante que nos convida a gozar dunha divertida xornada de praia entre amigos, chea de ritmo, xogos e humor.

«O esqueleto» – Canta connosco! – Migallas Teatro

2024-09-11T09:02:42+02:00

Co debate de plena actualidade sobre a restrición no uso dos teléfonos móbiles nos centros de ensino, coa presenza cada vez maior dos dispositivos electrónicos nos fogares, co aumento dos problemas derivados do sedentarismo infantil, cómpre volver ao diálogo, á comunicación interpersoal, á actividade física ao aire libre…

Cinco ratiños

2024-05-14T11:00:37+02:00

"Cinco ratiños" é un álbum ideal para contar cara adiante e cara atrás, que remite aos grandes temas e estruturas da tradición oral.

Son animal

2024-04-19T12:42:47+02:00

O bruar da vaca, o miañar do gato, o ladrar do can, o cacarexar da galiña... Ecos do mundo animal que inspiran os doce temas deste divertido libro-disco co que gozaremos de diferentes estilos musicais.

Tarde de sapo

2024-02-23T10:54:42+01:00

"Tarde de sapo" é un álbum ilustrado divertidísimo creado por Maite Mutuberria, finalista do XVI Premio Compostela, cun ritmo narrativo crecente que conduce ao lector ata o seu inesperado final. O 14 de marzo en librarías.

Go to Top