Nenas e nenos
Outras seccións
Onde habitan os libros
Puntos cardinais
Libros para soñar
Vídeos musicais
Recomendación de Jare – Artur e Clementina
Jare recomenda Artur e Clementina, un clásico de Adela Turin e Nella Bosnia que contribúe a pór en valor o rol feminino na sociedade, combater os estereotipos sexistas e fomentar a igualdade.
Recomendación de Gabi: Os esqueletos divertidos
A Gabi encantoulle Os esqueletos divertidos, un clásico de Janet e Allan Ahlberg protagonizado por tres esqueletos que aproveitan un paseo nocturno para asustar xente.
Recomendación de Sara: Teño uns pés perfectos
Sara recoméndanos Teño uns pés perfectos, de María Solar e Gusti, un libro dentro doutro libro con sorprendentes descubertas sobre esta parte tan importante do noso corpo.
Recomendación de Noelia: Tarde en el acuario
Noelia recomenda Tarde en el acuario, un divertido libro de poesía protagonizado por criaturas que habitan as augas de océanos, mares e ríos.
Recomendación de Xián: Inventario ilustrado de dinosaurios
Xián recomenda o seu libro favorito, Inventario ilustrado de dinosauros, unha obra que reúne medio cento de especies destas fascinantes criaturas que habitaron a Terra hai máis de 60 millóns de anos.