Onde habitan os libros
Librarías, bibliotecas e espazos educativos emblemáticos.
Outras seccións
Onde habitan os libros
Puntos cardinais
Libros para soñar
Vídeos musicais
Bibliobús – Biblioteca Pública de Zamora
Desde 1981 os bibliobuses de Zamora percorren, a través dunha vintena de rutas, os pobos desa parte da chamada “España vaciada” para achegarlle os libros e a cultura á veciñanza.
Libraría Gil
As libreiras Paz Gil e Mariola Campo presentan a Libraría Gil, un veterano espazo de referencia literaria e cultural na cidade de Santander que aspira a seguir medrando, na súa firme confianza no futuro do libro.
C.P. Los Jarales
No Día das Bibliotecas visitamos o C.P. Los Jarales, en Las Rozas, un centro educativo destacado polo seu labor de fomento da lectura. A mestra e bibliotecaria Ana López Andrade salienta a importancia de animar a ler os máis pequenos a través de diversas actividades.
Premio Liber 2018 – Rede de Bibliotecas Municipais de Las Rozas
A Rede de Bibliotecas Municipais de Las Rozas é un conxunto de tres bibliotecas que foi galardoado co Premio Liber 2018 polo seu labor de fomento da lectura.
Libraría Casa Anita
A libraría Casa Anita, situada no barrio barcelonés de Gràcia, é un lugar de referencia en materia de literatura infantil e xuvenil. A súa libreira, Oblit Baseiria, destaca a especialización deste espazo no mundo da ilustración.