Librarías
Outras seccións
Onde habitan os libros
Puntos cardinais
Libros para soñar
Vídeos musicais
Libraría Seijas
A libraría Seijas, situada no centro de Pontevedra, é un referente en materia de álbum ilustrado. A familia de libreiros que a rexenta especializouse en libro infantil e xuvenil.
Libraría La Fabulosa
Con Ana Garralón como anfitrioa, visitamos La Fabulosa, unha «libraría de editores» que conta cun amplo fondo de libro latinoamericano e que dispón dun espazo onde cada editorial pode expor o seu catálogo completo.
Libraría Cuccumeo
A libraría Cuccumeo, en Florencia, é un espazo destinado aos máis pequenos que está tamén aberto aos adultos.
Libraría Libros para soñar
Libros para Soñar é unha libraría de Kalandraka especializada en literatura infantil e xuvenil que, dende 2001, vén sendo o referente para os máis pequenos no Casco Vello de Vigo.
Libraría Cartabón
A libraría Cartabón, inaugurada en 1984 en Vigo, é un espazo que destaca polo seu gran fondo de libro en galego e pola súa oferta de actividades arredor da lectura.