Actualidade
Noticias, actividades, convocatorias profesionais e outros temas de interese.
Outras seccións
Onde habitan os libros
Puntos cardinais
Libros para soñar
Vídeos musicais
Edadrebil. 7 contos e 1 espello
“Edadrebil. 7 contos e 1 espello”, con texto de Miquel Obiols e ilustracións de Miguel Calatayud, está considerada na LIX como unha das mellores obras do século XX. Sete extraordinarias viaxes a través da fantasía que convidan a ler, mirar, xogar e imaxinar.
“Unha cor propia” de Leo Lionni
No 112.º aniversario do nacemento de Leo Lionni, compartimos o booktrailer da súa obra “Unha cor propia”, fábula contemporánea sobre as aventuras dun camaleón na procura da súa identidade.
Convocatoria XV Premio Internacional COMPOSTELA de Álbums Ilustrados
O próximo 13 de maio finaliza o prazo para o envío de obras ao Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Consulta as bases na web e anímate a participar!
Despois do diario de Anne Frank
“Despois do diario de Anne Frank”, de Bas von Benda-Beckmann, é un estudo histórico pioneiro sobre o destino das oito persoas agochadas na Casa de atrás e o seu paso polos campos de exterminio nazis. Unha forma de manter viva a memoria para que a historia non se repita.
Pippi Mediaslongas
O 2 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Para celebrar esta data, recomendamos a lectura das divertidas aventuras de Pippi Mediaslongas, un clásico imprescindible con texto de Astrid Lindgren e ilustracións de Ingrid Vang Nyman.