Actualidade
Noticias, actividades, convocatorias profesionais e outros temas de interese.
Outras seccións
Onde habitan os libros
Puntos cardinais
Libros para soñar
Vídeos musicais
Exposición «De la cuna a la luna» na BPM “Rafael Alberti”
O poeta Antonio Rubio, autor da colección Do berce á lúa, visitou a Biblioteca Pública Municipal Rafael Alberti, en Camas, Sevilla. Alí asistiu á inauguración da exposición e compartiu contos e cantos cos presentes.
Entrega do XII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado
A ilustradora húngara Mariann Máray vén de recibir o duodécimo Premio Internacional Compostela de Álbum ilustrado, convocado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago.
Premio ao Libro Infantil e Xuvenil Mellor Editado
En Kalandraka estamos de celebración. Acaban de comunicarnos desde o Ministerio de Cultura que dous libros publicados pola nosa editorial foron distinguidos co 1º e 3º Premio aos Libos infantís e Xuvenís mellor editados no Estado español.
1 Ano + 100 vídeos
Cantas entrevistas con autoras e autores! Cantas visitas a librarías, bibliotecas, escolas! Cantas recomendacións de lectura! KALANDRAKA TV vén de cumprir un ano de emisión: 100 vídeos achegando a Literatura Infantil e Xuvenil a familias, docentes, mediadores...
FICBUEU 2019
KALANDRAKA TV participou na entrega de premios do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, un espazo orientado á difusión da cultura cinematográfica en formato curto que conta cunha sección especial para os centros de ensino galegos.