Crónica

Reportaxes monográficas

Especial Página 2 - Parte 3

Nesta terceira e derradeira parte da entrevista co director e presentador de Página Dos, Óscar López explica os criterios do programa para escoller as obras incluídas na sección de recomendacións, tendo moi en conta a variedade e, sobre todo, a calidade das publicacións. Tamén fala do paso polo programa de importantes figuras do panorama literario ao longo destes once anos e, ademais, reflexiona sobre como vive o seu propio traballo. 

Enlaces de interese:
Páxina do programa Página 2 na web de RTVE
Páxina de Óscar López na web de RTVE


Especial Página 2 - Parte 2

Segunda parte da entrevista co director e presentador de Página Dos, Óscar López, na que fala da importancia de contar con programas de carácter cultural e da necesidade de compromiso político para o fomento da lectura. Alén diso, analiza a influencia das novas tecnoloxías nos hábitos de lectura da sociedade actual e anima a acompañar os máis pequenos na súa aprendizaxe co obxectivo de que aprecien os libros e os consideren un obxecto da vida cotiá.

Enlaces de interés:

Páxina do programa Página 2 na web de RTVE

Páxina de Óscar López na web de RTVE