Crónica

Reportaxes monográficas

Especial XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura

Subtítulos opcionais: castelán

KALANDRAKA TV achéganos á XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura que organizan o Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago e Kalandraka Editora. Nesta edición, con Cándido e os demais como fío condutor, o alumnado, os docentes e as familias puideron gozar de sesións de contacontos e música, unha ampla exposición das obras galardoadas co Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, obradoiros e outras actividades orientadas ao fomento da lectura entre os máis pequenos. Alén diso, O can de Mimo, da autora húngara Mariann Máray, foi a obra galardoada na duodécima edición do certame e será a protagonista da campaña no vindeiro ano.

Federico Martín Nebras - Días de cantar e contar

Federico Martín Nebras, escritor, contacontos e especialista en Literatura Infantil e Xuvenil, destaca na primeira parte desta emotiva entrevista a importancia de educar os nenos e nenas a través do xogo, do canto e da tradición oral para que poidan ler o mundo a través das palabras. Alén diso, resalta a necesidade de inculcar a lectura desde o nacemento como unha forma de alimentar a alma.